O naufrágio do palhabote "Rio Miño"
Da autoria do historiador guardês José António Uris Guisantes a descrição do fim trágico desta embarcação construida nos estaleiros de Samposancos, no estuário do Rio Minho.
"26 de outubro de 1926, naufraxio do pailebot “RÍO MIÑO”, construído en madeira nos asteleiros de "Candeira Hnos" en A Pasaxe de Camposancos polo mestre carpinteiro de ribeira Joaquín Martins Moreira, natural de Portugal e veciño de A Guarda.

O Rio Miño em construção - 1917 - Foto de Mariano Jiménez Hueto
En ABC do 26 de outubro de 1926 comunicaran desde San Lucar (Cádiz) que foran recollidos os tripulantes náufragos do "Río Miño" , buque que quedou desfeito na barra, fronte a Torre Carbonera, salvándose a nado todos os tripulantes que foron auxiliados na costa por carabineiros ao mando do cabo José González Callejón.
Os tripulantes eran: patrón, José González Varela (patrón), José González Castro, José Costa Lista, Ramón e José Chauch Costa e Juan Cousillas Monteavaro, todos eles de Corme (A Coruña).
O buque transportaba tella dende Villajoyosa (Slicante) a Vigo.
Foi sorprendido o día anterior por un forte temporal a altura do Cabo Santa María, tentando entrar no porto de Cádiz pero o buque quedou sen arboradura polo que de seguido naufragou.
O Río Miño tiña unha eslora de 28’45 metros, 7’85 metros de puntal, 2’90 metros de puntal, e 144 toneladas de rexistro bruto, foi botado o cinco de maio de 1919.
Este buque fora encargado por don Antolín Silva Vicente (75%) e a firma Nandín Vicente y Cía (25%).
O 23 de febreiro de 1923 don Antolín vendera súas accións a Nandín Vicente y Cía, pero a estas alturas de 1926 o "Río Miño" fora vendido a outros industriais, sendo a tripulación de Corme."
Comentários
Enviar um comentário