As Barcas de Privilexio entre A Pasaxe de Camposancos - Caminha e viceversa
Texto e imagens do historiador Guardês José António Uris Guisantes. Propositadamente mantive o texto original em Galego, uma lingua irmã do Português e facilmente compreensivel. Derradeira fotografía da barca ZIZITA acorada no peirao de Caminha en 1985. Fotografía propiedade da viúva do "Molha", dono da barca de pasaxeiros que tiña a base en Caminha (Portugal). Nestes anos nos billetes da barca figuraban como donos Antonio Tavarés Gomes e Antonio José Riotinto. O barrio de A Pasaxe como tal comeza no momento no que a actividade comercial se establece aló polo ano 1830 cando Juan Antonio Español López se establece con un almacén de importación exportación de mercadorías. Mais tarde chegan Juan Antonio Candeira Ledo e seus fillos Matías e Constantino Candeira González desde Ponteareas, para instalar un almacén de madeiras so aire libre serradoiro, fornos de cal e venta de sal. Valentín Domínguez Pérez ca fábrica serradoiro "La Camposina" que pasaría a seus sobriños ...