As Barcas de Privilexio entre A Pasaxe de Camposancos - Caminha e viceversa

Texto e imagens do historiador Guardês José António Uris Guisantes. Propositadamente mantive o texto original em Galego, uma lingua irmã do Português e facilmente compreensivel.


 


Derradeira fotografía da barca ZIZITA acorada no peirao de Caminha en 1985.


Zizita.jpg


Fotografía propiedade da viúva do "Molha", dono da barca de pasaxeiros que tiña a base en Caminha (Portugal).


Nestes anos nos billetes da barca figuraban como donos Antonio Tavarés Gomes e Antonio José Riotinto.


O barrio de A Pasaxe como tal comeza no momento no que a actividade comercial se establece aló polo ano 1830 cando Juan Antonio Español López se establece con un almacén de importación exportación de mercadorías.


Mais tarde chegan Juan Antonio Candeira Ledo e seus fillos Matías e Constantino Candeira González desde Ponteareas, para instalar un almacén de madeiras so aire libre serradoiro, fornos de cal e venta de sal.


Valentín Domínguez Pérez ca fábrica serradoiro "La Camposina" que pasaría a seus sobriños (Eloy e Manuel Domínguez Veiga) co nome de “Hnos. Domínguez y Trigo".


Os Hnos. París Morla (Juan Bautista e Vicente) naturais de Denia, a partir de 1927 eses serradoiros se unirían no Consorcio “Serrerías del Miño S.A.” sendo D.Constantino Candeira o "alma mater" e logo seus fillos.


“Estaleiros de Matías e Constantino Candeira”, “Estaleiros Joaquin Castro Oliveira”, "Estaleiros de Antolín Silva Vicente”, etc,.


A primeira barca de pasaxeiros que facía a viaxe entre A Pasaxe e Caminha era a BARCA DO CORPO SANTO na honra de San Telmo ( Pedro González Telmo 1180-1246) sacerdote e monxe dominico, con grandes dotes de predicador, capelán militar do Rei Fernando III de Castela, obtivo o Priorado de Guimaraes, predicou en Asturias e Galicia despois de abandonar a corte por rematar as campañas de guerra contra os árabes en Córdoba e Sevilla. Esta barca estaba controlada polo Cabildo-Catedral de Tui.


Segundo frei Pedro Gonçalves (predicador en Galicia e Portugal) o de “corpo santo” foi debido a tardanza en ser canonizado San Telmo (nunca foi canonizado formalmente).


En 1741 o papa Benedicto XIV aprobou o culto a San Telmo. Cita de D. Antonio García Lago, [...] Antes, en febreiro de 1732 os irmáns Antonio e Francisco Rolán de La Santa Cruz (pintores e decoradores naturais da Guarda), foron nomeados peritos para examinar as imaxes, altares e retablos das distintas parroquias da dioceses de Tui co fin saber cantas estaban dedicadas a "San Telmo" no proceso de beatificación comezado pola "Sagrada Congregación de Ritos"


Telmo está tamén vinculado o fenómeno atmosférico (fogo de San Telmo) que precede os temporais, tamén e patrón dos navegantes, da cidade de Tui e da Dioceses Tui<>Vigo.


Como e sabido o bispo e Cabildo Catedral de Tuy tiñan o privilexio de poñer


"…Barca en el Pasaje de Camposancos, que, desde la muerte de San Telmo, en Tuy en el año 1246, se dice "Barca do Corpo Santo", por dedicarse sus rentas al Culto de San Telmo…" [Pascual Galindo Romero. Tuy en la Baja Edad Media, 1923].


No río Miño ninguén podía pescar nin facer transporte sen a licenza do Cabildo-Catedral de Tui.


Privilexio concedido por dona Teresa de Portugal ao bispo de Tui en 1125.


En 1453 o Cabildo Catedral arrenda a Barca do Corpo Santo ao comerciante guardés Álvaro Pérez.


Entre agosto de 1624 e xaneiro de 1631 é o Concello da Guarda quen arrenda a Barca do Corpo Santo como de "Barca de Privilegio" a distintos rematantes.


En 1625 sería adxudicada por 31 ducados.


Segundo D. Antonio García Lago no ano 1825 [....] el servicio de transporte con la orilla portuguesa del río Miño estaba dotado de.....una barca para 25 personas y un barco chico de 12 en El Pasaje, que son de barqueros que pagan 20 reales cada mes al Ayuntamiento, según antigua costumbre. Cobran ida y vuelta cinco cuartos por persona y por caballería veinte cuartos..."


Desde entón será o Concelllo que poxe a "barca de pasaxeiros" ata 1985, ano no que os servizo foi sustituído polo ferri.


En xullo de 1844 a Barca da Pasaxe estaba arrendada a Pío Domínguez y Lorenzo Conde.


A Barca grande a Juan Antonio Español López, "…para conducir piedra para el puente Tamuge".


Este Juan Antonio, era o dono das instalacións comerciais e domicilio que en 1875 seu fillo D. Domingo Antonio Español López vendeu aos xesuítas.


En 1912 foi creado o posto de “Carabineros de El Pasaje” con un cabo e dous gardas, en 1944 o Corpo de Carabineiros foi absorbido pola Garda Civil ata que o cuartel na Pasaxe foi pechado en xullo de 1968.


No ano 1927 (segundo refire D. Pedro R. González nun artigo publicado en marzo de 2005) o tío Serafín “ O Rouco” e o tío Joaquin Melero eran os donos da barca "La Golondrina Veloz", construída no estaleiro Barreras de Vigo e movida por un motor de gasolina.


[ ...] con 7 m., de eslora, 1,80 de manga, calado de 40 cm., motor de 5 cabalos a gasolina importado de Alemania.


O avó de Pedro traballou con esta barca ata 1942, cando outras persoas facían competencia desleal, dedicándose o avó a remolcar buques que chegaban aos serradoiros de Candeira..."


Barca de pasagem.jpg


A segunda fotografía corresponde a gasolineira "La Golondrina Veloz", na mesma viaxou o presidente da República de Portugal D. Bernardino Luís Machadado Guimâares (1851-1944), derrocado en maio de 1926 por un golpe militar encabezado polo xeneral Gomes da Costa, cruza o río Miño e vai desembarcar no peirao de A Pasaxe despois de ser expulsado de Portugal debido a un golpe de Estado.


Calcúlase que sería en 1932, cando gobernaba en España Alejandro Lerroux García con algúns ministros da CEDA.


En 1933 o goberno republicano radical cedista) que presidía Lerroux García obrigou a D. Bernardino a saír da Guarda “por estar preto da fronteira” debido as presións que facía o ditador portugués Antonio de Oliveira Salazar que tomara o poder político en 1932.


O propio Alejandro Lerroux viaxou na gasolineira o 3 de agosto de 1934 desde o aerodromo de A Canosa ata A Pasaxe en visita oficial a Vila da Guarda.


Barca de passagem 2.jpg


A segunda barca de nome Marina cruzando o río en 1990, ano da derradeira viaxe.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

O Redondo - Apenas um pormenor

Representação de pescadores Ancorenses em 1905

Comandante Canas dos Bombeiros de Vila Praia de Âncora